Valoración de mapas conceptuais dixitais mediante rúbricas
Keywords: Mapas conceptuais, rúbricas, CMapTools, ferramentas dixitais
Abstract
Preséntase unha experiencia levada a cabo con alumnado do Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo. Estas persoas elaboraron mapas conceptuais dixitais que foron posteriormente valorados mediante unha rúbrica. Atopouse que determinados aspectos son máis complexos para o alumnado. O desempeño foi mellor nas tarefas de identificar correctamente os conceptos principais implicados nos mapas, seleccionar axeitadamente os conceptos subordinados relevantes, elaborar mapas formalmente correctos, e escribir enlaces e proposicións válidas e relevantes. O rendemento foi inferior no tocante a axeitada estruturación xerárquica da información representada no mapa e na complexidade estrutural e organización; e deficiente no que respecta ao establecemento de relacións cruzadas relevantes e creativas.
Más información
| Editorial: | Educación Editora |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| Página de inicio: | 115 |
| Página final: | 120 |
| Idioma: | Gallego |
| Financiamiento/Sponsor: | Universidad de Vigo |
| URL: | file:///C:/Users/mario/Desktop/JUNIO%202020/Libros%20MQG%20PREI/2016/Mapas%20%20Conceptuas.pdf |